Chuck Norris
Madmaxista
<header class="span-16 last"> O 51% votaría 'si' a unha Catalunya independente
</header> Un inquérito difundido este domingo polo xornal Ara confirma os datos de sondaxes realizadas nos últimos meses: a consulta gañaríana @s que están a favor dun estado propio, e as dúbidas da poboación xiran ao redor da posibilidade de seren expulsad@s da UE, información difundida polo Goberno español nos medios de comunicacións afíns e que foi refutada pola propia Comisión europea: "a lexislación internacional non di nada que se pareza a iso"
B.V hai 7 minutos
<figure>
</figure> <figcaption class="media-subtitle"> Diada 2012 [Imaxe: SG] </figcaption>
O 50,9% da cidadanía de Catalunya votaría polo 'si' no referendo que CiU e ERC veñen de fixar para 2014, após selar o pacto de goberno. O 29% introduciría un 'non' no sobre, o 10,6 absteríase e o 9,8 manifesta que participaría na consulta, mais que votaría en branco. Os datos, que van na liña dos difundidos nos últimos meses en diversas enquisas, fan parte do inquérito realizado pola empresa Sondea e que o xornal catalán Ara publica este domingo na súa edición en papel.
A poboación enquisada respostou tamén ao redor do novo ciclo político que arrinca no país. Seis de cada dez persoas, o 60%, ven con bos ollos o acordo entre Artur Mas e Oriol Junqueras, así como a decisión tomada de que en 2014 o pobo catalán poderá decidir libremente o seu futuro. As dúbidas d@s eleitor@s lechetounas o Goberno español, a través de declaracións como as realizadas polo ministro de Asuntos exteriores, José Manuel García-Margallo, quen en máis dunha ocasión dixo que tanto a Catalunya como a Escocia lles cumpriría o apoio unánime dos estados da UE para facer parte dela.
A Comisión europea desminte a teima do PP: Catalunya podería seguir na UE se o desexar
Porén, foi o propio goberno escocés quen retrucou ao Executivo de Rajoy: "Escocia é parte do territorio da UE e os escoceses son cidadáns da UE. Non hai nada que indique que esta situación teña que mudar após a independencia. Escocia terá exactamente o mesmo trato, dereitos e obrigas que o Reino Unido". A diferencia de Madrid, Londres si autorizou a consulta no territorio escocés, que se realizará en outono de 2014.
As palabras de García-Margallo desmentiunas tamén a Comisión europea por boca da súa vicepresidenta, Viviane Reding, sinalando que non existe impedimento algún na Convención de Viena para que un estado novo resultante doutro estado integrado na UE poida ficar dentro dos órganos europeos dos que xa facía parte antes da independencia. "A lexislación internacional non di nada que se pareza a iso", subliñou nun bocado de entrevista publicado en outubro polo Diario de Sevilla e que o PP 'convidou' a non publicar.
O 51% votaría 'si' a unha Catalunya independente - Internacional - Sermos Galiza - A Información precisa