Chuck Norris
Madmaxista
<header class="span-16 last"> Un condutor valenciano que se negou a falar en español coa Garda Civil, condenado a prisión
</header> Foi absolvido en primeira instancia, mas, após un recurso do fiscal, a Audiencia acaba de revogar a sentenza. Nun control rutinario da garda civil, en Almassora (provincia de Castelló), Carles Mateu Blay, catalán-falante, fora retido durante 3 horas por dous axentes por se negar a falarlles en español.
H.V. <time title="21-09-2013" class="publish-date timeago" datetime="2013-09-21 08:38:47">hai cerca de 8 horas</time>
<figure>
</figure> <figcaption class="media-subtitle"> Imaxe da parella de garda civil, fotografada polo propio Carles Mateu </figcaption>
De acordo coa información que publica Vilaweb, Carles Mateu Blay foi condenado a 6 meses de prisión baixo o cargo de desobediencia á autoridade, con pena aparellada de retirada do carnet de conducir por espazo dun ano e un día.
En primeira instancia, Mateu gañou o xuízo, mais o fiscal recorreu e a Audiencia Provincial acabou por o condenar. Mentres, a denuncia que o conductor apresentou contra os gardas civís por "denuncias falsas" foi arquivada. En declaracións a VilaWeb, Mateu afirmou: "É unha situación surrealista, pasei de ser a vítima a ser o delincuente".
Os dous gardas civís conminaron a Carles Mateu a falarlles en español. El negouse, alegando os seus dereitos lingüísticos. A Audiencia estima que non, que non o fixo por salvagardar os seus dereitos, senón como unha estratexia para gañar tempo antes de se submeter ao control de alcoholemia. Realmente surrealista. O control deu negativo. Mateu xulga esta interpretación da Audiencia como "sinxelamente inacreditábel".
O xuíz de primeira instancia deu a razón a Mateu despois de escoitar o testemuño dun garda civil que negou as acusacións vertidas polos seus compañeiros contra o condutor.
Os feitos
A historia decorreu un 21 de decembro do pasado ano, nun control rotineiro á saída de Almassora, provincia de Castelló, após as 17 horas. Mateu foi parado por unha patrulla da garda civil para un control de alcoholemia. El ía recoller un seu fillo á escola.
"Decateime de que lles proía que eu lles falase en valenciano e non cambiase de lingua. Mais non me imaxinaba que puidese acabar así. De feito, podo dicer que me retiraron o carnet de conducir por ter falado en valenciano. É escandaloso e intolerábel", di.
O condutor relata que desde ese momento os gardas civís se dedicaron a o vexar. Retivérono durante 3 horas. Cando chegou a casa, di, fíxoo "con tres denuncias falsas que suman mil euros e, curiosamente, doce puntos do carnet de conducir".
Mentres estivo retido, e segundo o seu testemuño, aturou millenta insultos e mesmo máis dun empurrón. Obrigárono a agardar dentro do coche até a chegada do axente responsábel dos atestados. Cando este se personou no lugar, a parella que o retivera liscou. Este terceiro garda civil é o que prestou testemuño a favor do cidadán valenciano no xuízo realizado en primeira instancia.
As denuncias interpostas polos dous gardas civís contra Mateu foron por, pretensamente, non levar o cinto de seguranza, non usar o chaleque reflectante e negarse a se submeter ao control de alcoholemia. "Caeume o mundo enriba. Era todo falso!! Díxenllo ao axente responsábel dos atestados e el contestoume que non dependía del, mas viu que eu levaba o chaleque posto e loxicamente o resultado das probas".
Resumo para latinos
Un conductor valenciano que se negó a hablar en español con la Guardia Civil, condenado la prisión
Fue absolvido en primera instancia, me las, después de un recurso del fiscal, la Audiencia acaba de revocar la sentencia. En un control rutinario de la guardia civil, en Almassora (provincia de Castellón), Carles Mateu Blay, catalán-hablante, había sido retenido durante 3 horas por dos agentes por negarse a hablarles en español.
Un condutor valenciano que se negou a falar en español coa Garda Civil, condenado a prisión - Països Catalans - Sermos Galiza - A Información precisa