Chuck Norris
Madmaxista
<header class="span-16 last"> O PP veta a proposición de lei pola autodeterminación
</header> O Partido Popular veta o debate sobre o dereito de autodeterminación no Congreso. A maioría absoluta dos conservadores vale para a Mesa do Congreso inadmitir a trámite a proposición de lei presentada polo BNG, ERC e Amaiur a prol do dereito a decidir. A inadmisión aínda non foi comunicada oficialmente aos grupos proponentes. BNG, ERC e Amaiur convocan unha conferencia de imprensa conxunta esta cuarta feira no Congreso ás 11 horas para valorar este veto.
O.R./H.V. hai 53 minutos
A proposición de lei de autodeterminación dos soberanistas de Galiza, Euskal Herria e Catalunya non chegará nen sequer a debaterse. O PP empregou a súa maioría absoluta no órgao de goberno do Congreso, a Mesa, para inadmitir a trámite a proposta. O veto aínda non lle foi comunicado formalmente aos grupos proponentes. Fontes próximas á Mesa informaron de que a decisión se fundamentará en cuestións de forma e non de fondo.
A decisión da Mesa non ten precedentes e é dunha gravidade estrema. Cumpre lembrar que no seu día o chamado Plano Ibarretxe non foi tomado en consideración polo Congreso, mais si foi debatido e votado no Pleno da Cámara. Desta volta a proposta nin sequera chegará ao hemiciclo, ao non pasar pola peneira da Mesa.
Foi Amaiur, através da súa conta en twitter, quen deu a primeira noticia sobre o veto.
En declaracións de urxencia a Sermos Galiza, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, mostrouse escandalizado. "Isto é inaceitábel en democracia", avaliou. E engadiu: "O PP non é quen para decidir que se pode debater e que non, nun Parlamento. O PP non é dono do Congreso".
BNG, ERC e Amaiur convocaron unha conferencia de imprensa para esta cuarta feira ás 11 horas no Congreso, para valorar o veto.
Esta mesma semana, en conversa con Sermos Galiza, o deputado de Amaiur no Congreso Rafael Larreina consideraba "absurdo" que o PP fose bloquear o debate desta proposición de lei por esta estar perfeitamente fundamentada do ponto de vista xurídico.
Sermos Galiza - A Información precisa