Chuck Norris
Madmaxista
<figure>
</figure> <figcaption class="media-subtitle"> Iniciativa Social pola Soberanía </figcaption>
<header class="span-16 last"> Nace Galiza pola Soberanía (GpS), iniciativa social co obxectivo de avanzar cara un Estado Galego
</header> "As mulleres e homes da nación galega tomamos nas nosas mans a responsabilidade de construír un futuro diferente, libre do Estado español e a UE". Así se recolle no manifesto fundacional de GpS, subscrito por máis de 200 persoas, e con vontade de sumar. Dezasete persoas compoñen a Coordinadora do proxecto
Chuzar
Difundir
X.M.P <time title="06-07-2013" class="publish-date timeago" datetime="2013-07-06 20:49:55">hai cerca de 6 horas</time>
Este sábado vén de se constituír en Compostela a iniciativa social Galiza pola Soberanía (GPS). A iniciativa pretende, tal e como recolle o seu manifesto fundacional, promover por vías democráticas -que teñan como eixo basilar o diálogo, o debate, a axitación social e a mobilización-, a tomada de consciencia da maioría do pobo galego no proceso de construcción nacional e no camiño de se dotar dun estado propio.
Independencia: Desexo e necesidade
No manifesto, apúntase a que o Estado español é responsábel do desmantelamento dos sectores produtivos galegos, así como de campañas sistemáticas de asimilación cultural e lingüística. Aliás, o proxecto español vai da man de recortes en dereitos sociais e cidadás, tanto colectivos como individuais.
Si se pode
Neste manifesto fundacional de GpS tamén se apunta que, malia o machucante discurso globalizador, “só nos últimos 20 anos xurdiron na Europa 12 novas nacións independentes e muitas outras manifestan o seu desexo de se constituíren en estados por medios abertos, democráticos e cívicos, baseados en consultas à cidadanía”.
Nace Galiza pola Soberanía (GpS), iniciativa social para avanzar cara un Estado Galego - Política - Sermos Galiza - A Información precisa

Entre os asinantes do manifesto, desde Sés e Xurxo Souto até Dionisio Pereira, O Carrabouxo, Sechu Sende, Francisco Sampedro ou Kiko Nieves. Por citar só algúns nomes coñecidos
Na xuntanza, máis de 200 persoas deron o seu apoio ao manifesto fundacional da iniciativa. Aliás, trazáronse as principais liñas estratéxicas e de intervención; e procedeuse a nomear unha coordinadora. Deste organismo forman parte diferentes persoas de traxectorias e procedencias diversas: Maurício Castro (Ferrol), Elvira Souto (Teo), Vítor Vaqueiro (Vigo), Paula Ríos (Compostela), Teresa Moure (Compostela), Breixo Lousada (Vigo), Marta Dacosta (Gondomar), Xosé Manuel Casal (A Pobra do Caramiñal), Duarte Correa (Cambados), Francisco Miranda (Vigo) ,Paulo Martearena, 'Nahuel', (Compostela), Andrea Martínez (Ribadeo), Aurélio Lópes (Compostela), Miguel Cuba (Burela), Sabela Fraga (Vigo), Pablo Prado (Ponte-Areias) e Ana Costoya (A Maía)
Independencia: Desexo e necesidade
No manifesto, apúntase a que o Estado español é responsábel do desmantelamento dos sectores produtivos galegos, así como de campañas sistemáticas de asimilación cultural e lingüística. Aliás, o proxecto español vai da man de recortes en dereitos sociais e cidadás, tanto colectivos como individuais.
@s asinantes do manifesto parten do convencimento de que un futuro para a maioría d@s galeg@s só pode ser posíbel pola conquista da plena soberanía
Nunha situación crítica para o pobo galego e con sinais de alerta en eidos como o demográfico, o actual marco autonómico non é válido, subscriben os asinantes deste manifesto. Así, “as mulleres e homes da nación galega tomamos nas nosas mans a responsabilidade de construír un futuro diferente, libre das políticas impostas polo Estado español e UE
Si se pode
Neste manifesto fundacional de GpS tamén se apunta que, malia o machucante discurso globalizador, “só nos últimos 20 anos xurdiron na Europa 12 novas nacións independentes e muitas outras manifestan o seu desexo de se constituíren en estados por medios abertos, democráticos e cívicos, baseados en consultas à cidadanía”.
"Só nos últimos 20 anos xurdiron na Europa 12 novas nacións independentes e muitas outras manifestan o seu desexo de se constituíren en estados"
Por todo o exposto no manifesto, estas 200 persoas, de idades e procedentes diferentes, de profesións diversas, de ideoloxías e sensibilidades heteroxéneas, fan un chamamento á cidadanía galega. Un chamamento para traballar no camiño de se dotar “dun Estado Galego, anti-patriarcal, social, laico e radicalmente democrático con base nunha república para construírmos, de maneira pacífica e solidaria, unha sociedade xusta, libre e verdadeiramente igualitaria”.