As fisioterapeutas galegas, en pé contra as actitudes machistas
O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia organiza unha xornada de debate a partir do movemento #MeTooFisio, que denuncia en redes as situacións de acoso e discriminación que sofren estas profesionais no ámbito laboral.
O movemento #MeToo inundou nos últimos tempos as redes sociais e chegou a todos os recunchos e profesións. Fartas das situacións de acoso e discriminación que viñan sufrindo, o colectivo das fisioterapeutas tamén se sumou a esta campaña. Fixérono a través do cancelo #MeTooFisio. Agora, para sentar as bases destas denuncias vertidas na Internet, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) organiza unha xornada informativa e de debate que estará aberta ao público. Será mañá, día 1 de decembro, ás 10.00 horas na sede coruñesa da institución colexial.
Co lema '#MeTooFisio, desde las redes sociales hasta la realidad', esta actividade contará coas aportacións realizadas pola fisioterapeuta Bibiana Andreia Vega Rodríguez (autora das viñetas que serviron como xerme da campaña en redes), a psicóloga Nuria Saltado Sánchez, a avogada Lara Otero Díaz (asesora xurídica do CoFiGa) e a xornalista Mireia Suárez Quinteiro.
Amais de presentar o movemento #MeTooFisio e a gran repercusión social e mediática que obtivo en todo o territorio estatal, a xornada informativa e de debate organizada polo CoFiGa analizará polo miúdo aspectos como as posibles reaccións por parte dunha persoa que sofre acoso e ofrecerá unha serie de pautas dirixidas ás afectadas sobre como actuar no caso de vivir esas situacións..
#METOOFISIO
A campaña #MeTooFisio naceu o pasado 20 de outubro a partir dun fío de Twitter publicado pola fisioterapeuta Berta Visión (@di_berti_da), que empregou unha viñeta da tamén fisioterapeuta Bibiana Andreia Vega Rodríguez (@fisioterricola) para denunciar as situacións vexatorias e discriminatorias vividas por elas mesmas e por outras compañeiras ao longo das súas traxectorias profesionais.
"Facendo prácticas nunha residencia xeriátrica, un dos residentes, mentres el estaba na padiola e o tratabamos a miña compi e eu , intentaba meternos man pola manga da casaca e tocarnos unha berza. O titor defendíao alegando demencia. Mentira". Ese é un dos testemuños compartidos en Twitter por Berta Visión. Prácticas deste estilo reitéranse a diario, coas mulleres fisioterapeutas como vítimas.
seu obxectivo, entón, é darlle visibilidade e poñer o foco nunha problemática á que se enfrontan as fisioterapeutas no desenvolvemento do seu labor profesional polo mero feito de ser mulleres. Preténdese sensibilizar sobre esta realidade ao conxunto do colectivo e da sociedade en xeral.
Dende que xurdiu este movemento, o CoFiga asegurou poñer a súa asesoría xurídica ao servizo das fisioterapeutas galegas que precisen denunciar situación de acoso, discriminación ou trato vexatorio. O organismo mostrou así o seu total rexeitamento aos feitos denunciados.
REPERCUSIÓN NOUTROS COLECTIVOS SANITARIOS
Á parte da repercusión social e mediática acadada a nivel español, #MeTooFisio tamén tivo impacto na comunidade internacional da Fisioterapia. Compartíronse comentarios en redes realizados dende múltiples países e mesmo se animou a outros colectivos do ámbito sanitario a mobilizarse para poñer o foco sobre situacións similares que sofren no seu traballo. Enfermeiras, médicas e nutricionistas, baixo os cancelos de #MeTooNurse, #MeTooDoc e #MeTooNutri, son exemplos de profesións que se uniron a esta campaña para facer públicas as actitudes machistas dos seus pacientes.