Incertidumbre entre los hosteleros gallegos ante el nuevo plan para el sector anunciado por Don Alberto N. Feijoo

Vlad_Empalador

Será en Octubre
Desde
24 Ene 2009
Mensajes
72.218
Reputación
155.506
Lugar
En el bunker
En que consiste o Plan de hostalaría segura e quen o vai pagar?

  • En que consiste o Plan de hostalaría segura e quen o vai pagar?

REDACCIÓN. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo falou moito da hostalaría este luns, na súa comparecencia ante os medios trala reunión do comité clínico para a el bichito. Recoñece que é un dos sectores que máis está sufrindo e, porén, polo momento a hostalaría terá que seguir agardando pola reapertura. Segundo argumentou Núñez Feijóo, “é preciso afianzar o conseguido para dar ese paso”. Manteranse as axudas ao sector que cuantificou en 160 millóns de euros, “e imos seguir traballando con eles para trazar un plan de hostalaría segura”. Este protocolo basearase en tres piares: máxima seguridade para entrar nun local, que deberá ter visible por fóra o límite máximo de aforo, máxima seguridade para un posible rebrote (haberá un rexistro de entrada que permita cribar aos clientes que compartiran estancia cun positivo), e máximo control, “non só dos propietarios senón tamén das forzas de seguridade”.
Dado que bares e restaurantes non poderán abrir por agora, estas cuestións irán preparándose estes días. E parece que hai moito que preparar. A cifra de aforo máximo é algo que se supón fácil de determinar e notificar, pero o tema do rexistro de clientes e o control real dos establecementos vai ser complicado. A pregunta que se estarán facendo moitos hostaleiros é como farán para realizar o rexistro de datos persoais para a xestión posterior desa información de cara a evitar posibles brotes. Trátase de recoller os datos de contacto dos clientes para localizalos en caso de que algún positivo coincidira con eles. O presidente referiuse a iso na súa comparecencia, indicando que de momento non se sabe cal será o mecanismo nin que tecnoloxía se poderá empregar, en caso de que se empregue algunha. Recordou que hai en Galicia máis de 30.000 núcleos de poboación, cos seus bares. Esa cifra dá idea da complexidade da tarefa. Outra cousa é quen e como se vai pagar o sistema que se implemente. Feijóo tampouco precisou iso. Asegurou, iso si, que a Xunta falará co sector para analizar e tomar decisións.
Por outra parte, está o último dos puntos do plan, o control por parte dos propietarios e as forzas de seguridade para garantir que as cousas se fagan de acordo coas normas, coa implicación neste caso de alcaldes e alcaldesas. Tamén este punto parece moi complexo de executar pola cifra tan alta de establecementos a controlar.
 
Solo los usuarios registrados pueden ver el contenido de este tema, mientras tanto puedes ver el primer y el último mensaje de cada página.

Regístrate gratuitamente aquí para poder ver los mensajes y participar en el foro. No utilizaremos tu email para fines comerciales.

Únete al mayor foro de economía de España

 
Solo los usuarios registrados pueden ver el contenido de este tema, mientras tanto puedes ver el primer y el último mensaje de cada página.

Regístrate gratuitamente aquí para poder ver los mensajes y participar en el foro. No utilizaremos tu email para fines comerciales.

Únete al mayor foro de economía de España

 
Volver