El Presidente de la Diputación de Orense, del PP, pide hacer oficial el "Día de Galicia Mártir" en honor a los "represaliados" del franquismo

Vlad_Empalador

Será en Octubre
Desde
24 Ene 2009
Mensajes
74.045
Reputación
158.247
Lugar
En el bunker
Baltar exalta a figura de Bóveda e reivindica o Día da Galicia Mártir
"O obxectivo é que a memoria histórica sirva de ensinanza cívica e patriótica a novas xeracións", dixo o presidente da Deputación ourensá // O Bloque pide tamén institucionalizar a xornada
Baltar, no atril, xunto a Amalia Bóveda, Miguel Santalices, Jácome e Román Rodríguez
Baltar, no atril, xunto a Amalia Bóveda, Miguel Santalices, Jácome e Román Rodríguez


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, puxo onte ao descuberto o sentir máis galeguista do PPdeG. Acostumado a ir contracorrente cando o considera oportuno, o político ourensán reivindicou diante do monumento e a casa natal de Alexandre Bóveda a institucionalización do 17 de agosto como o Día da Galicia Mártir, celebrado oficialmente por primeira vez nesta cidade.

Xa o pasado 29 de marzo, a Deputación de Ourense aprobou en pleno, a instancia do PP desta provincia, unha moción para pedir ao Parlamento de Galicia que o día da Galicia Mártir sexa unha data oficial no calendario das conmemoracións galegas. "Non se trata de demostar a ourensanía de Bóveda", dixo onte Baltar, nin tampouco de "xustificar unha celebración que naceu no exilio, no Centro ourensano de Bos Aires". O obxectivo, engadiu, é "contribuír (...) para que a memoria histórica sirva de ensinanza cívica e patriótica ás novas xeracións".
Trátase ademais, según explicou, de institucionalizar o día "en memoria e homenaxe das persoas que perderon a súa vida ou foron represariadas e obrigadas moitas delas ao exilio por defender as liberdades democráticas e dereitos autonómicos do pobo galego. "É unha data xa histórica e con fonda significación no devir político e social de Galicia", subliñou Baltar.


cp8f09518421_916371_manual.jpg

Membros de Galiza Nova durante o acto de homenaxe no lugar da Caeira (Poio)

A homenaxe a Bóveda, fillo predilecto da provincia dende o ano 2001, reuniu diante da súa casa natal a autoridades e representantes de institucións culturais e socias. A presidenta da Fundación Alexandre Bóveda e filla do ilustre galeguista fusilado en 1936, Amalia Bóveda, agradeceu á Deputación e ao seu presidente o apoio á institucionalización do Día da Galicia Mártir e a iniciativa de levar ao Parlamento a petición para que sexa tomada en consideración polo ben de Galicia e coa confianza posta no futuro.

Tralas intervencións, as autoridades, entre elas el conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañaron a Amalia Bóveda Álvarez nunha ofrenda floral. O acompañamento musical correu a cargo da Coral de Ruada, que interpretou pezas e os himnos de Ourense e de Galicia.


EN POIO. Mais este non foi onte o único acto de lembranzade Bóveda. Como é tradicional, celebrouse a ofrenda floral no lugar da Caeira, en Poio (Pontevedra), preto de onde o político galeguista foi fusilado o 17 de agosto de 1936, coa asistencia plural de partidos, que reclamaron "a verdade, a xustiza e a reparación" das vítimas da represión franquista.
No acto, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que nesa formación son "escépticos" ante a súa petición para que o 17 de agosto sexa "institucionalizado oficialmente" como Día da Galiza Mártir e sexa celegrado pola Xunta. "En dez anos, a achega de Núñez Feijóo á recuperación da memoria histórica foi de cero euros", pero "á familia Franco déronselle máis de 60.000 para que converta o Pazo de Meirás nunha especie de lugar de apoloxía do fascismo".
Pola súa banda, o deputado latinoamericano Casal, do grupo En Marea, apelou á "memoria rescatada" para as "máis de 5.000 persoas asasinadas e as represaliadas", especialmente as mulleres. "Sufriron a represión por partida dobre: por defender a República e a liberdade, e por ser mulleres", engadiu.
Durante o acto, a filla do homenaxeado, Amalia Bóveda, destacou que as demandas das familias das vítimas "comezan a ser interpretadas en clave tras*versal" e referiuse á procura de "a verdade, a xustiza e a reparación" como un "trazo desa parte da sociedade que quere avanzar".
Tamén interviron Valentín García Bóveda, membro da Fundación Bóveda, e o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella. E ademais houbo presenza de concelleiras do PSdeG-PSOE e do PP no concello de Pontevedra, xunto co seu alcalde, o nacionalista Miguel A. Fernández Lores.
 
Solo los usuarios registrados pueden ver el contenido de este tema, mientras tanto puedes ver el primer y el último mensaje de cada página.

Regístrate gratuitamente aquí para poder ver los mensajes y participar en el foro. No utilizaremos tu email para fines comerciales.

Únete al mayor foro de economía de España

 
Yo creo que se debería ir más allá en la memoria histórica, y todos los herederos del régimen represor responder civilmente de los daños a las víctimas.

Incluyendo a la condesa que dirige público y a Pablo, el hijo del inspector del sindicato vertical.
 
Volver