«A chamada nova política está a defraudar a moitas persoas»

Raulisimo

Será en Octubre
Desde
24 Oct 2009
Mensajes
45.314
Reputación
88.151
Ana Pontón: «A chamada nova política está a defraudar a moitas persoas»

Na súa vila logrou que a votaran algo máis dun milleiro de veciños. Un éxito, di ela, quen cre que os seus respondéronlle. Ana Pontón (Sarria, 1977) volveu estes días á súa casa para descansar coa familia e cos amigos.

-Que lle dixeron os seus pais?

-Eles están moi orgullosos. E eu tamén deles, que sempre me apoiaron moito.

-Coa perspectiva dos días, como veu a campaña?

-Foi moi ilusionante: o que sentía e palpaba no día a día é que había unha enerxía moi positiva arredor do BNG, con moitas persoas apoiando.

-Non chegou a estar desanimada cando as enquisas lles daban mal?

-Son unha persoa moi optimista. E sempre digo que as enquisas son enquisas. Non son a realidade.

-Iso é o que se di sempre...

-O que acontece é que eu teño unha convicción. E a realidade me reafirma no que digo. A min o que me valía era o entusiasmo que se estaba a xerar ao noso arredor. Acertamos deixándonos levar pola nosa intuición e non polo que apuntaban os sondeos.

-Que aconteceu para que houbera unha diferenza tan brusca entre o desenlace final e as expectativas iniciais?

-Fixemos algo diferente. E iso axudou a que moitas persoas nos visibilizaran nun entorno onde a xestualidade non é o que se agarda de quen representa unha opción política. Hai un retorno a valorar os principios, a coherencia e os proxectos definidos e sólidos.

-Por que pensa iso?

-Houbo alternativas que están xerando desencanto ao seu arredor. A chamada nova política, e falo tanto de Ciudadanos como de Podemos, fixo que esa etiqueta perdera certo sentido. Están defraudando a moitas persoas porque máis alá dun primeiro impacto despois ten que haber proxecto e seriedade.

-Mete tamén no saco ás mareas?

-Creo que as mareas teñen unha vinculación clara con Podemos. Eses cambios sociais que se produciron na sociedade xeraron debates interesantes, pero cómpre aclarar que o nacionalismo nunca formou parte do sistema bipartidista tan criticado por eles.

-Ao mellor o electorado visualizou ao BNG como unha forza do sistema... -Nós viñamos de sufrir problemas internos dentro da organización. Quizás non fomos capaces de ter a suficiente habilidade para anticipar ou ler ben os cambios que se estaban a producir na sociedade e facer os reaxustes necesarios. Creo que agora iniciamos unha nova etapa.

-Marca o debate da galega un antes e un despois na carreira do 25S?

-Tivo un impacto, axudou a xerar un entusiasmo. Pero o éxito desta campaña é un éxito colectivo. E un éxito de todas as persoas que se mobilizaron, dende simpatizantes a militantes, da xente que decidiu aportar o seu grao de area. Houbo un gran traballo en equipo.

-Algunhas voces do nacionalismo críticas coa actual dirección apuntaron que o éxito do BNG obedece a que renunciou a que se aprobara na asemblea de febreiro...

-O que me está tras*mitindo moita xente e que nesta campaña o que fixemos foi recuperar ao BNG cun discurso nacionalista adaptado a século XXI, cunha linguaxe nova e fresca.

-Pode a crise do PSdeG ou as tensións das mareas axudar a que vostede se visualice como a líder da oposición?

-Os méritos dunha organización e os méritos das persoas a nivel particular non teñen que ver cos deméritos dos demais senón cos nosos acertos.

-Como ve o que está a acontecer no PSOE?

-Se só fora a crise dun partido, o normal sería non opinar e ser respectuosos. Pero non é así. Agora agroman tres cuestións: a crise do réxime de 1978, os intereses económicos por consolidar un Goberno da dereita e a incapacidade da esquerda para poñerse de acordo.

-Que lle pareceu o tuit do deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello?

-Teño por costume non confundir quen son os meus inimigos políticos. Ese comentario é ofensivo para min como galega porque reproduce uns tópicos e uns prexuízos moi negativos para o noso pobo. Creo que hai que asumir máis responsabilidades dos erros da política.

-Entón cre que debe dimitir?

-Non digo nin que si nin que non. Si penso que hai que asumir cun maior grado de responsabilidade as cousas que se din cando un é un cargo público.

-Segue molesta con Xosé Manuel Beiras?

-Nunca estiven molesta con Beiras. Procuro non levar o político ao persoal. Nin o persoal ao político. Para min Beiras é unha persoa que politicamente me decepcionou hai xa tempo.

-Fale do futuro. E agora qué?

-Temos o reto de liderar unha oposición firme contundente e con ideas. Xeramos unha ilusión que temos que canalizar co obxectivo de construír unha alternativa sólida.

-Fóra xa do Hórreo, ¿que pretenden? ¿Refundar o BNG ou o nacionalismo?

-Nós non podemos refundar o que non está na nosa organización. Pero hai unha política de portas abertas, un proceso en marcha.

-Ou sexa, que hai un obxectivo de reunificar...

-Esa ten que ser unha das claves do futuro.

-E iso pasa por revisar a marca ou modelo de organización para atraer aos que marcharon?

-Hai un proceso aberto e democrático en marcha e eu non podo anticipar o final. Sería algo pretencioso pola miña parte. O BNG non pode ser o dos anos 80 ou 90, si ten que ser algo distinto. Iso téñoo moi claro.
 
Solo los usuarios registrados pueden ver el contenido de este tema, mientras tanto puedes ver el primer y el último mensaje de cada página.

Regístrate gratuitamente aquí para poder ver los mensajes y participar en el foro. No utilizaremos tu email para fines comerciales.

Únete al mayor foro de economía de España

Última edición:

Volver