Chuck Norris
Madmaxista
<figure>
<header class="span-16 last"> 40 formacións nacionalistas apostan en Compostela por facer do 2014 o ano do dereito á decidir
</header> As 40 formacións nacionalistas e de progreso que integran a Alianza Libre Europea (ALE ) alicerzan estes días na asúa Asemblea Xeral en Compostela o compromiso conxunto na defensa dos dereitos dos pobos e das persoas. 'É tempo de autodeterminación', o lema.
X.M.P. // Imaxes: Xan Muras <time title="14-02-2014" class="publish-date timeago" datetime="2014-02-14 13:29:23">hai cerca de 2 horas</time>
Son máis de 150 representantes de 40 organizacións nacionalistas e de esquerdas, integradas na Alianza Libre Europea (ALE) os que nestes días debaten, analizan, falan e partillan en Compostela un proxecto de Europa que parta do respecto aos dereitos dos pobos e das persoas. O Auditorio de Galiza é o escenario onde se desenvolve esta asemblea xeral da ALE na que o BNG é a forza anfitrioa. O seu portavoz nacional, Xavier Vence, foi o encarregado, xunto co presidente da ALE, o flamenco Eric Defoort, de inaugurar esta asemblea.
A asemblea decorre a 3 meses das eleccións europeas e ALE quer consensuar neste encontro o manifesto conxunto
Son 40 formacións políticas de 17 estados. A ALE ten como un dos seus alicerces, tal e como se lembraba esta sexta feira na inauguración oficial da asemblea, a defensa da Europa dos pobos, proclamando o dereito de autodeterminación como chave para una Europa onde a xustiza social, a liberdade e a igualdade sexan as súas trabes. Entre as organizacións que integran a Alianza están, alén do BNG, ERC, Eusko Alkartasuna, SNP (Escocia) ou Plaid Cymru (Gales), entre outros.
A número un do BNG ao Parlamento europeo, Ana Miranda, salientou estes días que a asemblea de ALE en Santiago de Compostela vai servir para poñer en común estratexias de fortalecemento do dereito a decidir dos pobos de Europa. A idea fundamental, dixo Miranda, é “profundizar no proceso soberanista de Escocia e, en xeral, nos dereitos da Europa dos pobos”. A candidata do BNG e membro de ALE nesta lexislatura tamén manifestou que a asemblea servirá para a “aprobación de resolucións e mocións sobre asuntos vinculados á crise económica e contra as políticas neoliberais marcadas pola Troika.”
A candidata do SNP ás europeas defendeu a independencia de Escocia “para nos gobernar nós propios”, refutando que iso supuña rachar vencellos culturais
Protagonismo de Escocia e Catalunya
A quenda de intervencións da mañá estivo protagonizada pola intervención da candidata do SNP escocés. Tasmina Ahmed, aos comicios europeos. Ahmed Sheik explicou o proceso que se está a vivir en Escocia, defende a independencia do seu país para poder se gobernar a si propios e non para rachar, dixo, con lazos culturais. Tamén apuntou que, a 215 días do referendo, o NON só aventaxa ao SI nun 3%, polo que está todo moi aberto.
O outro proceso soberanista en marcha, o catalán, tamén foi debullado ante a asemblea de ALE. Foi o deputado de ERC e alcalde de Caldes, Jordi Solé, quen explicou polo miúdo que é en concreto o proceso que a sociedade catalá leva impulsando desde hai meses. Ligou a consulta e o dereito a decidir co progreso da cidadanía de Catalunya e lembrou que os opositores a este proceso non son quen de presentar máis alternativa que a negación e a prohibición. Foi ovacionado.
Jordi Solé: “Temos moitas gañas de deixar de ser independentistas e ser cidadáns dun país normal”
A tres meses da cita coas urnas
A cita decorre a apenas 3 meses das eleccións do 25 de maio á Eurocámara, onde o Bloque partilla grupo no hemiciclo de Bruxelas coa ALE en coligación cos Verdes europeos.
Programa
Auditorio de Galiza. Quinta feira día 13, inicio da Asemblea cun primeiro encontro das mocidades de ALE.
Sexta feira 14, apertura oficial a cargo do portavoz nacional del BNG, Xavier Vence e o presidente de la Alianza Libre Europea, Eric Defoort.
Sábado 15, Ana Miranda, secretaria de Política Internacional del BNG, presentará o manifesto electoral de ALE para as eleccións europeas, que continuará cunha mesa redonda baixo o título ‘Tempo de Autodeterminación’.
A Asemblea rematará o sabádo coa participación do ex eurodeputado do BNG entre Camilo Nogueira, a candidata do BNG ás elección europeas, Ana Miranda, Iñaki Irazabalbeitia (eurodiputado de Aralar-ALE), Jordi Solé (secretario de Política Internacional de ERC) e Xavier Vence, portavoz nacional do Bloque.
Comeza a Asemblea Xeral da ALE: É tempo de autodeterminación - Política - Sermos Galiza - A Información precisa